El Club
Inicio - Noticias
Contenciosos
Quienes somos
Junta Directiva
Hágase socio
Resultados Deportivos
Resultados 2006
Resultados 2005
Resultados 2004
Resultados 2003
Resultados 2002
Resultados 2001
Historial Deportivo
Cuadro Circuito Social
Cuadro Cidade de Vigo
Fotos
Nuestros Campeones
Circuito Social
Cidade de Vigo
Mundial Fotografía
Galería de Fotos
Actividades del Club
Circuito Social
Semana de Cine Submarino
Otra Información
Meteorología
Zonas de Pesca - DOG 188
Empresas Colaboradoras
Contacte con Nosotros

Semana Internacional de Cine Submarino

XIV Semana de Cine Submarino

Del 17 al 19 de noviembre de 2004, con las siguientes películas:

Mércores 17

Invitado: Josep M Castellví.

LURAS XIGANTES

Estados Unidos: 53 minutos. Español.
Imaxe submarina: Bob Cranston.
Música: Williams — Biondo Music.
Produción: Sue Houghton para National Geographic Television.

Nas augas da corrente de Humboldt, que arrinca desde Chile rumbo norte, ata Oregón, viven luras de gran tamaño. O cámara Bob Cranston, en inmersións arriscadas ata 60 metros de profundidade, logra filmar estes monstros agresivos. A pesar de que non sobreviven en laboratorio as últimas investigacions desvelan que estes cefalópodos son moi combativos, intelixentes e de comportamento moi complexo. Teñen ollos adaptados para ver na case total escuridade e atacan a todo o que se lles poña por diante, mesmo son caníbales.

FURNA DA AUGA "A LUZ E O LABIRINTO"

España: 30 minutos. Español.
Guión, realización e filmación submarina: Josep M Castellví.
Produción: Josep M Castellví, Andrés Ros e José Luis Llamusí.

Desde hai anos, os espeleomergulladores Andrés Ros e José Luis Llamusí levan a cabo un exhaustivo proxecto de exploración de Furna da Auga, preto de Cartaxena en Murcia. O seu obxectivo non é a consecución de ningunha marca, senón a documentación sistemática desta complexa cavidade. Do coñecemento, en xeral, dos procesos naturais que rexen a existencia das cavidades inundadas, onde se almacenan a maior parte das reservas de auga doce do planeta, poderán deducirse quizais, mellores formas de aproveitamento deste recurso.

Xoves 18

Invitado: Miguel Ángel Nombela.

A ILLA DAS TARTARUGAS

Italia: 58 minutos. Español.
Imaxe, guión e dirección: Andrea Cochetti.
Produción: Subaco.

As illas Palau, no arquipélago de Micronesia, son cráteres extintos somerxidos e cubertos de corais. Nestas formacións madrepóricas desenvólvese unha vida submarina das máis exuberantes do planeta; un lugar idea] para as tartarugas mariñas que procrean, viven e morren neste santuario. Moitas destas illas son como xardíns flotantes sucadas por un inextricable labirinto de canais. Nas lagoas de moi poucas illas, dáse o coñecido fenómeno de grandes concentracións de pequenas medusas que viven en simbiose coas algas.

O MAR DAS CÍES

Galicia. 32 minutos. Galego.
Proxecto e imaxe submarina: José Irisarri.
Guión e dirección: Manuel Uhía
Música: David Morales

Este documental, totalmente realizado en Vigo, mostra a diversidade de zonas da ría de Vigo. A fauna atópase repartida nos distintos microecosistemas, e aínda que exista una interrelación de hábitas, o máis frecuente é que os animais de zonas areosas non se atopen en fondos rochosos, así como que moitos dos organismos de lugares exiguos do interior da ría non vivan nas aguas bravas da costa exterior.

Paralelamente, nesta producción podemos contemplar a rica biodiversidade da ría e a loita das especies pola supervivencia.

Venres 19

Invitado: Peter Scoones

DURANTE A NOITE

Illas Canarias: 25 minutos. Español.
Dirección e imaxe submarina: Rafael Herrero.
Guión: Angel Vallecillo.
Produción: Aquawork Productions.

Este documental desenvolve un ciclo de vida nocturna en augas das Illas Canarias. As súas novidosas imaxes amósannos os cambios que se producen no fondo mariño durante a fase escura: cazadores nocturnos, presas que procuran acubillo, tecnicas de camuflaxe, habitos alimenticios e diversidade de especies que permanecen ocultas á luz do dia; acheganos a un mar desconecido, misterioso e cheo de sorpresas. Un documento no que o home se ve reflectido fronte a dous dos seus medos ancestrais: a profundidade do mar e a absoluta escuridade; un home vulnerable filmando unha natureza na última fronteira da exploración submarina.

AUSTRALASIA SALVAXE: VIDA SUBMARINA

Gran Bretaña: 50 minutos. Español.
Guión: Susan Western.
Fotografía: Peter Scoones, Andrew Fenniket e Leighton De Barros.
Música: Adrian Johnston.
Produción: Hugh Pearson para BBC Worldwide Television.

Un percorrido polas costas menos divulgadas de Australia. Dende o noroeste da grande illa, o itinerario chega ata os mares de Nova Zelandia.

Ás distintas zonas corresponde tamén unha fauna diferente. Os grandes contrastes danse dende a fauna e flora propias dos trópicos, ata o mar estéril do suroeste e os inmensos bosques de kelp das augas austrais do sueste.

Escenas de enormes bancos de peixes acosados contra a costa por túnidos, tiburóns e rorcuais. Tanto nas costas de Australia como en augas de Nova Zelandia, viven criaturas endémicas que non se atopan en ningunha outra parte do planeta.

Colaboradores: Caixanova – Canal Plus – Tve – Fedas

Volver al índice