El Club
Inicio - Noticias
Contenciosos
Quienes somos
Junta Directiva
Hágase socio
Resultados Deportivos
Resultados 2006
Resultados 2005
Resultados 2004
Resultados 2003
Resultados 2002
Resultados 2001
Historial Deportivo
Cuadro Circuito Social
Cuadro Cidade de Vigo
Fotos
Nuestros Campeones
Circuito Social
Cidade de Vigo
Mundial Fotografía
Galería de Fotos
Actividades del Club
Circuito Social
Semana de Cine Submarino
Otra Información
Meteorología
Zonas de Pesca - DOG 188
Empresas Colaboradoras
Contacte con Nosotros

Semana Internacional de Cine Submarino

XIII Semana de Cine Submarino

Del 26 al 28 de noviembre de 2003, con las siguientes películas:

Miércoles 26

Invitado: Tono Folguera.

PLANETA AZUL: OCÉANOS INFINITOS

Gran Bretaña: 50 minutos. Español.
Produción: Andy Byatt para BBC Discovery Channel.
Fotografía: Rick Rosenthal.
Música: George Fenton.

Na inmensidade do océano, a miles de quilómetros de terra, os grandes depredadores mariños levan unha vida errante para localizar e capturar as súas presas. O acoso organizado de peixes espada a un cardume atrae a outros depredadores, mesmo os grandes cetáceos se suman ao festín. Durante a noite entran en escena outros depredadores. Son estrañas criaturas que xorden dos abismos, especializadas en cazar na total escuridade.

A loita pola supervivencia de larvas e crías, a perfecta organización das mandas de golfiños nunha batida de caza ou dos bancos de enormes atúns, son algunhas das magníficas escenas que nos ofrece esta produción da BBC.

BUBBLES: GALÁPAGOS

España: 25 minutos. Español.
Idea orixinal: Franc Aleu, Jaume Codina e Tono Folguera.
Imaxe submarina: Bluescreen.
Producido por Bausan Films para TVE.

Galápagos, o paraíso para calquera amante da natureza. En terra, este illado arquipélago presenta unha fauna e unha flora moi especiais, os animais non desenvolveron o instinto de fuxida do home, o que permite ao visitante relacionarse co contorno como en poucos lugares. Pero baixo as súas augas a explosión de vida aínda é maior. A confluencia de distintas correntes mariñas provoca unha riqueza de nutrientes que fai destas augas unhas das máis ricas do planeta. E o reino dos peláxicos tiburóns martelo, golfiños, mantas, tartarugas, etc., e tamén é un dos lugares no cal hai máis posibilidades de atopar o rei do mar: o peixe máis grande do mundo, o tiburón balea.

Jueves 27

Invitado: Jorge J. Candán.

TIBURÓNS NO CAMPO DE BATALLA

Gran Bretaña: 50 minutos. Español.
Produción: Peter Bassett e Michael Bright para BBC Worldwide Television.
Fotografía: Richard Fizpatrick, Peter Neharhos e Mike Lemon.
Música: Nainita Desai & Malcom Laws.

Orixinal produción que recrea a loita pola subsistencia dunha femia de tiburón tigre embarazada. Bo traballo de animación que permite visualizar os distintos sentidos de detección e orientación dos tiburóns. Está demostrado que son capaces de percibir olores, ondas de presión ou calquera vibración que proveña de peixes situados a moitos metros de distancia. Mais toda a eficacia destes grandes depredadores non é abondo cando a competencia polo alimento é moi grande, e os tiburóns vense na obriga de disputárense o alimento en espectaculares batallas. Excelentes imaxes do parto dunha femia de tiburón de arrecife e dunha estación de limpeza de parasitos para escualos.

BUBBLES: PAPÚA

España: 25 minutos. Español.
Idea orixinal: Franc Aleu, Jaume Codina e Tono Folguera.
Producido por Bausan Films para TVE.
Imaxe submarina: Bluescreen.

Neste país salvaxe e descoñecido, o turismo aínda é incipiente. As augas que o envolven prometen sesións de mergullo ricas en emocións. Como as que vai experimentar o noso equipo no Mar de Bismark, na zona Walindi, onde, por exemplo, atopamos o cabaliño de mar Pigmeo. Nesta viaxe, a beleza submarina acompaña o interese antropolóxico extraordinario que suscitan celebracións coma o denominado Goroka Show, festa na cal ducias de tribos das montañas se reúnen para bailar e rivalizar sobre o atractivo das súas vestimentas.

MAR DE ESTRELAS

Galicia: 15 minutos. Galego.
Realización: Jorge J. Candán.
Música: David Morales.

Unha espectacular viaxe submarina, na cal o fondo das nosas rías e as especies que as habitan se converten nunha gran galaxia de planetas e estrelas. Esta película é unha montaxe de belas imaxes, na súa maioría gravadas de noite, que nos achegarán á vida da fauna submarina galega da man de polbos, luras, chocos e outras especies, sorprendéndonos cos comportamentos e sistemas de supervivencia que adoptan estes grandes descoñecidos.

Viernes 28

Invitado: Christian Petron.

MAR DE NÓS (diaporama dixital)

Galicia: 10 minutos. Galego.
Imaxe submarina: José Luis González / Marevision.
Guión e realización: Obradoiro Imaxe.

O profesor Aronnax e os seus compañeiros descobren a vida e as paisaxes submarinas da Ría de Vigo, guiados pola man do capitán Nemo. Recreación fotográfica de pasaxes extraídas do libro 20.000 légoas de viaxe submarina, que mestura a sorpresa e o interese científico dos personaxes literarios, o romanticismo e o conservadorismo que iluminaron a obra de Xulio Verne e as máis sorprendentes imaxes das profundidades do noso contorno mariño.

TIBURÓNS BALEA

Estados Unidos: 30 minutos. Español.
Produción: Carol Farneti e Richard Foster para National Geographic Television.
Dirección: David Trinunfol.
Imaxe submarina: Richard Foster, Ed George, Heyman, Scott Snider e Dan Castellanos.
Música: Williams/Biondo Music.

No mar Caribe, a 40 quilómetros da costa de Belice, elévase un promontorio dende os 1.600 metros de profundidade que conforma o arquipélago Gladen Smith. O profesor Will Heyman tenta descubrir por qué acoden aquí tantos tiburóns balea, considerados os maiores peixes do mundo, capaces de mergullarse ata 2000 metros de profundidade. Os arrecifes son moi ricos en fauna, vantaxe que aproveitan os nativos para conseguiren grandes capturas. En Gladen Smith congrégase gran cantidade de pragos para desovar e esta é a época en que aparecen máis cantidade de tiburóns balea. Ao repararen nos dous acontecementos, os investigadores sospeitan que existe unha estreita relación entre eles.

O OURO BRANCO DO ROYAL CAPTAIN

Francia: 52 minutos. Español.
Produción: Canal+ Discovery Communications inc.
Realización: Frank Goddio.
Imaxe submarina: Bob Dorsey, Roland Savoye e Pascal Morisset.
Música: Wall Matthews.

En 1773 un navío da Compañía das Indias naufraga no Mar do Sur da China. A tripulación só consegue salvar unha pequena parte do cargamento. En 1999 unha expedición dirixida polo investigador francés Frank Goddio logra recuperar, a catrocentos metros de profundidade, miles de obxectos de porcelana dos restos do navío Royal Captain. A expedición conta con batiscafos equipados con brazos para recuperar os obxectos máis fráxiles. A excelente reconstrución animada en 3D da colisión e afundimento do buque fainos revivir o drama daquel 17 de decembro.

Colaboradores: Caixanova – Canal Plus – Tve – Fedas

Volver al índice