El Club
Inicio - Noticias
Contenciosos
Quienes somos
Junta Directiva
Hágase socio
Resultados Deportivos
Resultados 2006
Resultados 2005
Resultados 2004
Resultados 2003
Resultados 2002
Resultados 2001
Historial Deportivo
Cuadro Circuito Social
Cuadro Cidade de Vigo
Fotos
Nuestros Campeones
Circuito Social
Cidade de Vigo
Mundial Fotografía
Galería de Fotos
Actividades del Club
Circuito Social
Semana de Cine Submarino
Otra Información
Meteorología
Zonas de Pesca - DOG 188
Empresas Colaboradoras
Contacte con Nosotros

Semana Internacional de Cine Submarino

XII Semana de Cine Submarino

Del 27 al 29 de noviembre de 2002, con las siguientes películas:

Miércoles 27

Invitado: Robert Sténuit.

ESPAÑA MERGULLADA: MAR DE ALBORÁN

España: 25 minutos. Español
Guión e dirección: José Antonio Moya
Realización e posproducción: María Jesús Ortiz
Música orixinal: José A. Bornay e Vicente Ruíz
Producción: TVE e Universidade de Alacante

No espacio entre África e España existe unha porta de entrada ó Mediterráneo onde, durante miles de anos, as augas atlánticas se mesturaron coas mediterráneas. É o contorno do mar de Alborán.

O documental describe os fondos da Illa de Alborán ata a costa granadina da Herradura, o cultivo artesanal de mexillóns e a pesca ilegal de arrastre, como contrapunto entre equilibrio e impacto.

OS TESOUROS DO SAN DIEGO

Francia: 90 minutos. Español
Producción: Cameras Continentales TF1
Música: Jaques Davidovici
Realización: Alain Lesfargues

No ano 1600 unha flota española da ruta de Indias é atacada en augas filipinas por unha escuadra holandesa. Durante a batalla o buque San Diego é abordado é afundido.

Despois dunha laboriosa investigación na Biblioteca Nacional francesa e no Arquivo de Indias de Sevilla, unha empresa francesa especializada no rescate de pecios logra situar a zona do afundimento do San Diego. Utilizando equipos autónomos e coa axuda dun batiscafo, conseguen localizar os restos do barco, recuperando canóns, gran cantidade de pezas de cerámica e outros obxectos de valor histórico.

Jueves 28

Invitado: José Antonio Moya.

ENTRE HIPOPÓTAMOS E CROCODILOS

Gran Bretaña: 50 minutos. Español
Imaxe, guión e dirección: Mark Deeble e Victoria Stone
Producción: Survival Anglia / Granada Wild
Música: Guy Michelmore

Este interesante documental trasládanos ó oeste de Kenia para vivitar os estanques formados por regueiros subterráneos do río Enzima. Nestes remansos a vida acuática desenvólvese nunha equilibrada estructura piramidal gracias ós hipopótamos. A extraordinaria transparencia das augas permítenos contemplar con todo detalle o comportamento dos formidables paquidermos, os excrementos dos cales crean unha interdependencia cos peixes e invertebrados. O último elo da cadea trófica ocúpao o voraz crocodilo, que nos sorprende coas súas estratexias e feroces loitas por conseguir alimento.

PLANETA AZUL: O PLANETA AZUL

Gran Bretaña: 50 minutos. Español
Producción: Alastair Fothergill, BBC Worldwide Television
Fotografía: Doug Allan e outros
Música: George Fenton

Este primeiro capítulo de Planeta Azul deléitanos coas máis impresionantes imaxes da fermosa serie. Sen escatimar medios e cos mellores especialistas do xénero, o equipo responsable deste documental logrou captar, con excelentes tomas aéreas sincronizadas con arriscadas filmacións submarinas, comportamentos insolitos de baleas, tiburóns, marlíns e outros moitos habitantes de todos os océanos.

ESPAÑA MERGULLADA: CABRERA

España: 25 minutos. Español
Guión e dirección: José Antonio Moya
Realización e posproducción: María Jesús Ortiz
Música orixinal: José A. Bornay e Vicente Ruíz
Producción: TVE e Universidade de Alacante

Cabrera é un arquipélago das Illas Baleares. A súa condición militar preservouna do impacto humano ata a declaración como Parque Nacional. A parte mergullada é un deses poucos espacios onde hoxe se pode observar a vida en estado salvaxe. Neste documental cóntase a harmonía dun ecosistema ben conservado pero non libre de amenazas. A historia transcorre marcada polo comportamento dun pequeno peixe, un blénido, que vive no interior dunha botella arrebolada ó mar. Unha metáfora que convida á reflexión sobre a influencia que o ser humano exerce sobre os espacios naturais.

Viernes 29

Invitado: Robert Sténuit.

PLANETA AZUL: VIAXE ÁS PROFUNDIDADES

Gran Bretaña: 50 minutos. Español
Producción: Alastair Fothergill, BBC Worldwide Television
Fotografía: Mike de Gruy e outros
Música: George Fenton

Este documental está dedicado á vida e fenómenos das grandes profundidades, posiblemente sexa o máis revelador da serie Planeta Azul.

Metidos nun batiscafo de última xeración e con tecnoloxía punta, científicos expertos en fauna abisal vannos desvelando moitos dos misterios que ata hoxe non foran descubertos. Sorprenden as imaxes dos terribles depredadores exhibindo as súas técnicas de caza nun mundo de tebras. Moitas destas criaturas están equipadas para emitir luz, facendo gala de formas caprichosas e dunha ampla gama de cores.

BAIXO AS ONDAS DAS RÍAS

Galicia: 45 minutos. Galego
Imaxe submarina: José Irisarri
Guión e dirección: Manuel Uhía para Caixanova
Música: David Morales

Documental totalmente realizado en Vigo que contén gravacións nas distintas rías.

Igual que en terra firme, as catro estacións do ano modifican os fondos das rías galegas. A fauna mariña non é allea a estes cambios e o seu comportamento tamén evoluciona segunda a época do ano.

A riqueza de nutrintes destas augas crea unha gran variedade de hábitats, e fai posible que un pecio se convirta, en pouco tempo, nun microecosistema cos distintos representantes da cadea alimentaria.

OS BUSCADORES DO TESOURO DA RÍA DE VIGO

EEUU: 27 minutos. Español
Director e realizador: Owen Lee
Mergulladores: John S. Potter, Robert Sténuit, John Nathan, Ives Piard, Owen Lee
Música: El Remolino
Son: Bob Van Dyke

Hai case medio século, un equipo especializado no rescate e tesouros afundidos, ó que pertenecía o emblemático Robert Sténuit, chegou á baía de Vigo coa intención de explorar os restos dos galeóns afundidos en Rande en 1702.

O interesante deste documental, á parte de reflectir os esforzos dos submarinistas e a "tecnoloxía punta" da época, son as imaxes que nos mostran cómo transcorría a vida mariñeira na Baiona de hai 47 anos.

Miércoles, Jueves y Viernes

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: TESOUROS E GALEÓNS NA LEMBRANZA

O título desta exposición ten relación co do libro publicado por Robert Sténuit sobre os galeóns afundidos na baía de Rande en 1702.

No ano 1955 chega a Vigo a Atlantic Salvage Co Ltd. dirixida por John S. Potter Jr. coa intención de localizar os pecios de Rande. Entre o equipo humano da expedición figuraba Robert Pierre André Sténuit, xa daquela un experimentado explorador submarino.

Recoñecido en todo o mundo pola súa participación en numerosas operacións arqueolóxicas submarinas, Robert Sténuit é o fundador e director de Grupo de Investigación Arqueolóxica e Submarina Posmedieval, que patrocina o presidente da compañía de Marsella COMEX. Este grupo, coñecido como GRASP, dedícase dende o 1968 ó estudio de restos de barcos desaparecidos entre os séculos XVI e XIX.

As 34 fotografías da exposición, xunto co documental Os buscadores de tesouros da Ría de Vigo son os únicos documentos gráficos dun dos máis metódicos intentos de rescatar os resots do desastre de Rande, mostrándonos os adiantos da época en equiops de inmersión autónoma e aparellos de detección submarina, así como as embarcacións que servían como apoio e de base flotante.

Colaboradores: Caixanova – Canal Plus – Museo Do Mar De Galicia – Fegas – Fedas

Volver al índice